Publicidad:
La Coctelera

Falando, Speaking, Parler, Sprechen, Говорить

O Espazo Das Linguas Estranxeiras No CFR Ferrol

5 Mayo 2008

F0702005 Unha vision Europea do traballo por competencias (II)

A actividade xa ten datas. Aquí tedes a reseña no Diario de Ferrol

Ferrol Viernes 2 de Mayo de 2008


O CFR analizará a visión europea do traballo por competencias

REDACCIÓN > FERROL

A implantación da Lei Orgánica de Educación (LOE), que entrou en vigor no presente curso, trouxo consigo novidades no sistema educativo. O novo concepto de “competencias” como eixo fundamental do traballo docente é unha delas. Para falar deste tema, o CFR de Ferrol organizou un curso que comezará a finais de maio.

Baixo o título “Unha visión europea do traballo por competencias”, a actividade formativa programada polo Centro de Formación e Recursos de Ferrol -adicado á formación do profesorado da cidade e comarca- pretende achegar a experiencia que nesta nova forma de entender a educación, baseada nas devanditas “competencias” teñen outros países como Portugal ou Gales. Así, o curso contará coa intervención de dous relatores lusos, Maria Leonor da Graça Saraiva, profesora na Escola Superior de Educaçao-Instituto Politécnico de Setúbal e Paulo Feytor Pinto, profesor de lingua, asesor de formación do profesorado e Presidente da Dirección da Asociación de Profesores de Portugués dende 1997.

Tamén intervirá na cita Jeff Moses, coordinador de apoio ao desenvolvemento das competencias en centros educativos e do novo bacharelato WBQ en Gales. Traballa directamente con centros para desenvolver metodoloxías de competencias básicas. O convidado galés presentará en Ferrol o programa “Getting Started”, un kit de estratexias para introducir o traballo por tarefas nas programacións das aulas. O curso terá lugar os días 21, 22 e 23 de maio e 11 e 12 de xuño, finalizando o prazo de inscrición o vindeiro 15 de maio. A actividade, que como é habitual terá lugar en horario de tarde, está dirixida ao profesorado de todos os niveis e áreas educativas, segundo informou o CFR.

Metodoloxía > O traballo por competencias é unha nova forma de entender a docencia, “é a forma en que as persoas conseguen mobilizar todos os seus recursos persoais -cognitivos, afectivos, sociais, etc.- para acadar o éxito na resolución dunha tarefa nun contexto definido”, apuntan dende o centro de formación do profesorado ferrolán.

As oito competencias básicas que o alumno ten que adquirir ao longo da súa formación para ser capaz de desenvolverse ante os problemas da vida cotiá son a matemática, comunicación lingüística, coñecemento e interacción co mundo físico, información e competencia dixital, social e cidadá, competencia cultural e artística, para aprender a aprender e autonomía e iniciativa persoal.


Portada | Opinión | Ferrol | Narón | Comarcas |
Galicia | Deportes | España | Mundo | Economía |
Sociedad | Comunicación | Última Página | El tiempo |
Titulares | Servicios | Agenda | Exposiciones |
Cartelera | Correo |

servido por le-cfr-ferrol sin comentarios compártelo

sin comentarios · Escribe aquí tu comentario

Escribe tu comentario


Sobre mí

Avatar de le-cfr-ferrol

Falando, Speaking, Parler, Sprechen, Говорить

ver perfil »
contacto »
Asesoria de Linguas Estranxeiras CFR Ferrol Dir: O Galego Soto S/N, Ferrol 15403 Tel: 981 370541 email: cfr.ferrol.linguasestranxeiras@edu.xunta.es *****

NOTA IMPORTANTE:

Este blog é un esforzo por parte do asesor de LE do CFR de Ferrol por ofrecer un espazo de información, reunión, consulta e comunicación virtual para todos aqueles profesor@s de lingua estranxeira da area de ambito do CFR Ferrol. É un intento de crear unha rede de comunicación onde podamos intercambiar opinións, materiais e tamén da continuidade ó noso labor como profesor@s de LE. *****

NON É UNHA PÁXINA OFICIAL DO CFR, DA XUNTA OU DOUTRO ORGANISMO OFICIAL E NON DEBE CONSIDERARSE COMO TAL.

*****

NOTA DO AUTOR:

***** Pregovos disculpedes os erros ortográficos neste blog, pois o Galego é a miña 3ª lingua! Non sería xusto nin apropiado que escribira o blog unicamente en inglés! *****



*****


Flash player required Giveaway of the Day ---------------------------------------------------------


---------------------------------------------------------

Fotos

le-cfr-ferrol todavía no ha subido ninguna foto.

¡Anímale a hacerlo!

Buscar

suscríbete

Selecciona el agregador que utilices para suscribirte a este blog (también puedes obtener la URL de los feeds):

¿Qué es esto?

Crea tu blog gratis en La Coctelera